lunes, 17 de junio de 2013

Por fin chegou o día!!

Parece mentira, pero por fin chegou a excursión a Cantabria.


Como a rede de internet do noso hospedaxe non vai moi ben, teredes que conformarvos cunha pequena mostra do noso día, que foi intensísimo e con moi bo tempo.


Despois dunha breve parada no Rei das Tartas de Mondoñedo, chegamos á vila asturiana de Candás, onde comemos nun mirador espectacular, nun merendero xunto a un faro. Despois baixamos ao porto e mercamos uns xeados.


No tempo previsto, chegamos ao MUJA. Non é un museo moi grande, pero está situado nunha zona privilexiada, e ten réplicas de dinosaurios impresionantes. O noso guía, Javier, explicounos datos moi interesantes. Sabiades que se conservan pegadas de dinosaurios nunha praia de Asturias cercana ao museo? E que os dinosaurios só eran terrestres? Os que voaban non eran DINOSAURIOS, nin tampouco os acuáticos. E que as aves son  descendentes dos dinosaurios?


Entretivémonos na tenda (que vos comprariamos?) e nun parque chulísimo que hai xunto o museo.



Casi ás 8 da tarde chegamos ao hospedaxe, asombrados polo entorno no que se atopa. Tardamos máis de media hora en atravesar o desfiladero de la Hermida. Nada máis chegar, agardábannos Marta e Diego, os nosos monitores, dispostos a facer xogos tan pronto nos coñeceron. Ceamos e continuamos cos xogos arredor do río e no parque que hai xunto o albergue. 

Mañá contarémosvos máis, que hoxe estamos rendidos.
Saúdos a todos.

7 comentarios:

  1. pois que saibades que os pais estamos moi pendentes do blog e de esas fotos divertidas, esperemos que o tempo mellore un pouco polo menos e moitas gracias por facer ese esforzo de ir poñendo as fotos eu son o pai de David Fernandez de 5º

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polo teu comentario, hoxe foi un gran día, primeiro visitamos os picos de Europa, de seguido fixemos escalada, rapel...E por último fomos bañarnos nun balneario.

      Eliminar
  2. Grazas a vós por seguirnos e por comentar. E por deixar vir aos nenos, están vivindo unha experiencia fantástica, aínda que xa vos contarán eles á volta. Non sei se van dar feito. Máis tarde intentaremos subir a crónica de hoxe. Un saúdo e grazas.

    ResponderEliminar
  3. Xa vexo que o estades pasando moi mal e que os profes que foron con vos teñen unha cara de "sarxentos" que poñen medo,je,je.Penso que para a próxima deberían ir as profes de cursos mais baixos para apoiarvos e asi desfrutar o doble(só é unha idea,ja,ja). Bromas a parte desfrutade a tope todos, que é unha experiencia única.SANDRA

    ResponderEliminar
  4. hola guapos y guapas :)
    En el cole se os echa mucho de menos. Me alegro de que todo esté saliendo bien. Un besote.
    La profe Alba

    ResponderEliminar
  5. Profes, botamosmos de menos. Mañá xa nos tedes ai para contarvos todo en persoa. Agora imos á cova de el soplao e logo iremos para casa. Moitos bicos a todos.

    ResponderEliminar
  6. Bueno chicos achégase o final. Sei que o estades pasando estupendamente, por todo o que me ides contando pero toca voltar e esperar á próxima.Alégrome moito de que a viaxe fose un éxito Espero que este comentario si chegue porque cos anteriores que fixen non sei o que pasou.
    Saúdos.

    ResponderEliminar