martes, 27 de marzo de 2012

Comunidades Autónomas


Con estes recursos podedes practicar as  

COMUNIDADES AUTÓNOMAS




  • AQUÍ podedes estudalas e ver as bandeiras e escudos.Se pinchades abaixo á esquerda (onde pon 'avaliación') podedes practicar.




A PRACTICAR!!




lunes, 26 de marzo de 2012

Continuamos coa volta ao mundo: Tokio (Xapón)

Tras a visita a OCEANÍA con ÁLEX, viaxamos ao continente ASIÁTICO, concretamente a XAPÓN, con MARCOS.
A ilustración que nos presentou representa un parque na cidade de Tokio, e as respostas ás súas adiviñas foron as seguintes:
- Bolboreta: moi apreciadas en Xapón pola súa beleza. Existe unha ópera moi famosa inspirada nunha rapaza xaponesa que se chama 'Madame Butterfly' (Señorita Bolboreta). 
Aquí tedes unha preciosa animación que resume a ópera MADAME BUTTERFLY do compositor Puccini.  
- Cereixo: A flor do cereixo é unha flor moi apreciada en Xapón e todo un símbolo do país. Está presente en templos, telas de kimonos, camisetas, etc. Con ela elabóranse infusións, chocolates, licores, cremas, perfumes... 
Aprecian tanto os cereixos, que cando florecen en primavera, celebran unha gran festa para festexar a floración. Esa festa chámase HANAMI, e nela, familias enteiras van aos parques a facer un picnic baixo os cereixos en flor. 

Aquí tedes información sobre a festa do cereixo,  e nesta outra páxina, podedes ver moitas imaxes sobre esta festa.
Foto: E.F.E.


Fonte: travelnauta.com
Como sabedes, moitos dos debuxos animados que vemos en España son xaponeses. 
Aquí vos deixo un capítulo de Shin Chan no que se fala do HANAMI aínda que non se ve como o celebran nos parques, senón na escola.
En ESPAÑA tamén se celebran festas durante a floración dos cereixos. 
É moi famoso o Val do Jerte, en Extremadura, que ten un aspecto moi fermoso en primavera. Podédelo ver pinchando aquí



- Bandeira


É branca cun círculo vermello no centro que representa o SOL.
 
- Karate: as artes marciais son unha das afeccións dos nenos e nenas en Xapón, especialmente en secundaria.
- Kimono: un traxe tradicional xaponés, que levan especialmente as mulleres nas festas.
- Cometa:son moi populares en Xapón e celébranse festivais por todo o país. Aquí tedes un vídeo dun deles.

Bo traballo, Marcos! Espero que vos gusten os enlaces e que aprendades cousas sobre Xapón. Buscade toda a información a maiores que vos interese.

jueves, 22 de marzo de 2012

Comeza a volta ao mundo en Atiu.


Comezamos a nosa viaxe arredor do mundo co noso libro La vuelta al mundo en 180 adivinanzas.
A primeira parada foi en Atiu, unha illa das illas Cook, no continente de Oceanía. Entán preto de Nueva Zelanda e forman parte das chamadas illas da Polinesia (Hawaii tamén son illas Polinésicas)
Ata alí levounos Álex que nos formulou seis adiviñas e falounos, entre outras cousas sobre:
- O útiles que son as HAMACAS nas illas para durmir a sesta.
- Que as illas levan o nome do seu descubridor inglés JAMES COOK.
- Que o SURF se inventou nas illas POLINÉSICAS. 
- Que é un lugar TURÍSTICO e paradisíaco.
- Que no OCÉANO PACÍFICO se atopa a FOSA DAS MARIANAS, unha fosa baixo o mar que ten 11000 metros de profundidade, e é o lugar máis descoñecido e misterioso do planeta. Crese que nel poden vivir seres prehistóricos e os científicos atoparon un calamar xigante alí.
- E que abundan os CANGUROS. Conta a lenda, que o seu nome ven de cando James Cook chegou ás illas, no ano 1770, e preguntou aos habitantes das illas polo nome dese extraño animal. Os aborixes respondían 'Kan Ghu Ru', que, na súa lingua, significa 'Non te entendo'. Cook creu que lle estaban dicindo o nome do animal e escribiuno en inglés: Kangaroo.

Convídovos a seguir aprendendo sobre este marabilloso lugar do planeta.
Aquí tedes algúns enlaces.
* Na páxina do National Geographic podedes ver imaxes, entre elas, o retrato de James Cook.
* Esta é a páxina da illa de Atiu. Está en inglés pero podedes ver imáxes paradisíacas e incluso vídeos.
* Aquí tedes imaxes e vídeos da misteriosa FOSA DAS MARIANAS

Grazas, Álex!! Moi bo traballo!!

martes, 20 de marzo de 2012

'One day' (Algún día)


Na nosa aula xa somos bastante máis AMABLES uns cos outros, pero aínda temos que seguir practicando TODOS, profes incluidos.
Aquí vos deixo o vídeo para que non se nos olvide.

PiNcHaDe Na ImAxE


jueves, 15 de marzo de 2012

A volt@ ao MuNdO


Déixovos dous recursos interesantísimos para traballar os países do mundo.

Aquí podedes localizar países e as súas capitais, imprimir e descargar mapas físicos e políticos e realizar actividades sobre o mundo e sobre España en concreto.

E esta outra páxina contén moita información: podes localizar os países (ten un buscador para poñercho máis fácil) e consultar información sobre eles como a súa poboación, moeda, extensión, idioma, capital ou bandeira. Ademais podedes ver mapas detallados e fotografías de cada país.

Explorade todo o que queirades, que, en breve, vos farei algunhas preguntas para que traballedes cos mapas. ;-)




lunes, 12 de marzo de 2012

Multiplicación e división de decimais.


Podedes practicar a multiplicación e división de decimais
pola UNIDADE SEGUIDA DE CEROS
nos seguintes enlaces.

Divertidísimo e facilísimo!







Aquí podedes practicar tamén a multiplicación dun decimal por un natural.



miércoles, 7 de marzo de 2012

Cambios de estado.

Para que practiquedes e vos sirva de repaso para o exame:


Pulsa aquí


Enlaces sobre o Sistema Solar

Aquí vos deixo algúns dos vídeos que vimos durante o pasado tema:

- A canción dos planetas de Enrique e Ana (nesta, dinos desordenados).
- A de Miliki ("El Sol") non ten vídeo, pero podemos ver a representación que fixeron os nenos dun cole cantando esa canción.
- E este outro vídeo fíxonos sentir pequeniños e insignificantes amosándonos o 'minúsculos' que son o noso planeta Terra e a nosa estrela o Sol en comparación con outros corpos do universo.

E para os que queirades aprender máis: 

A páxina de UNAWE - Explora el Universo ten actividades, vídeos, adiviñas...
A páxina da NASA é unha pasada, cun montón de experimentos e xogos. Paga a pena vela.

De visita á Policía e á Domus

O venres pasaremos o día na Coruña visitando dúas instalacións moi diferentes:

Primeiro coñeceremos o traballo da Policía Nacional no cuartel de Lonzas: os vehículos, o traballo cos cans, a galería de tiro...

A continuación, despois de comer no comedor da Domus, faremos un percorrido por este museo científico que nos ofrece moitísimas oportunidades de aprender e nos depara unha SORPRESA.

Non nos dará tempo a ir ao cine en 3D, pero podedes acercarvos un día coas vosas familias. Paga a pena. Estes son os horarios e prezos (hai moitos días de entrada gratuita).


jueves, 1 de marzo de 2012

As nosas experiencias

Aquí tedes o resultado dos nosos experimentos de hoxe:


A densidade
View more PowerPoint from Razo

A rica mestura de auga con sal + aceite + refresco de laranxa.

Se aumentamos a masa dun obxecto, mantendo o seu volume, pode pasar de flotar a afundir nun instante.

Untitled from armonicacv on Vimeo.

Bo traballo!!

Tema 6: A materia. Para que practiquedes

Déixovos tres enlaces nos que podedes traballar o que estamos vendo na clase sobre a materia, os cambios de estado, a densidade, etc... Pasádeo ben!




DENSIDADE e FLOTACIÓN

Xa coñecemos a Beakman, que nos explica a densidade e a flotación dos corpos.
Recordemos que a flotación ten que ver coa densidade:
- MASA: cantidade de materia dun corpo. (Non é o mesmo que o peso, mais este ano consideraremos que si).
- VOLUME: o espazo que ocupa un corpo.
- DENSIDADE: a masa por unidade de volume. É dicir o que pesa un corpo en relación ao seu volume.
Se un corpo con pouco volume pesa moito (ten moita masa), será moi denso; un corpo que pese menos ocupando o mesmo volume, será menos denso e poderá flotar no anterior.
É dicir, como di Beakman: "Para que algo flote debe ser MENOS DENSO que a materia na que flota".



(En breve poderedes ver os experimentos que fixemos na aula.)

Comezamos cun pouco de matemáticas

Aquí podedes practicar os números decimais

Benvid@s

Queridos alumnos e queridas alumnas.
Comezamos este blogue para que teñades un espazo para practicar e ampliar o traballo que facemos na clase.
Tamén podemos enriquecelo con fotos e vídeos dos vosos traballos e das festas do cole, para que os poidades ver dende a casa coas vosas familias.
Un saúdo e moito ánimo para seguir traballando e aprendendo!