viernes, 21 de junio de 2013

A despedida



Espero que vos gustara o vídeo.
No cole ímosvos botar moitísimo de menos.
Querémosvos moito!!
MOITA SORTE!!



Despedida Sexto from armonicacv on Vimeo.



jueves, 20 de junio de 2013

Día 3. A tarde en Santillana del Mar e Altamira




Tras comer o picnic no parque, arrancamos cara Santillana del Mar. O seu Nome ven de Santa Juliana. Os nosos monitores non queren que nos aburramos nin un segundo, así que preparáronnos unha Gyncana con probas pola vila. Había que atopar os lugares que nos mandaban, preguntar á xente e facernos unha foto neles.






En Santillana fomos invitados a un xeado e, tras repoñer forzas, dirixímonos a Altamira.






Non vos extrañe que ninguén vos conte nada desta visita, porque a estas alturas do día, ninguén podía coas calzas. Ademais nosa guía do museo non é que fose moi dicharachera, así que, a pesares das maravillas da réplica da cova, que reproduce ao milímetro a original, pouco nos faltou a todos para quedar durmidos.


Con Pedro Chosco pisándonos os talóns, voltamos ao albergue a tempo para cear e cun sono de mil demos.

Pero todo o cansanzo nos pasou de golpe cando nos duchamos e puxemos as nosas mellores galas para ir á festa de despedida que nos deron os monitores. Música e baile no salón do albergue ata… case a unha e media da mañá!! E aguantamos como campións. Bueno… case todos.








Día 3: a mañá en Cabárceno.

O cansanzo comezaba a facer mella en nós, pero o bo tempo dounos ánimos para comezar a nova xornada. Mágoa que, ao saír de La Hermida, comezara a chover. Unha chuvia miuda que nos acompañou durante todo o día.

Partimos ata Cabárceno viaxando durante unha hora e cuarto. A nosa primeira parada foron os tigres. Estaban un pouco durmidos. Sorbemos que, hai pouco, intentaron xuntar dúas manadas e cinco tigresas morreron.



Despois fomos ver os gorilas, que nos encantaron pois eran enormes, e había unha mamá xogando coa súa cría pequerrecha.



Había xirafas, avestruces moi simpáticas, antílopes, ñus…



O recinto que máis impresiona, é o dos osos. Había moitos e son moi activos e notábase que tiñan fame pois estaban todos ao redor do portal de entrada ao seu recinto e pelexaban entre eles.




Vimos tamén elefantes, cebras grevi e comúns, leóns, cervos, gamos, rinocerontes, hipopótamos, aves rapaces, animais de granxa…

Onda os dromedarios déronnos unha charla e sorbemos que, dunha tacada, poden beber 135 litros de auga en só 13 minutos. E poden estar sen comer e beber 10 meses.


Un dromedario poñéndose as botas.
Logo baixamos ao reptilario onde había iguanas, lagartos, serpes e unha pitón de 7 metros!!!


A pesar de que choviscaba, fumos ver o espectáculo dos leóns marinos (non ‘focas’). O presentador – entrenador era simpatiquísimo, e os leóns mariños tamén: Lucas, Paz, Eco,…






miércoles, 19 de junio de 2013

De volta

Aí vamos.
Ide preparando leite con mel e moitos abrazos.
Nunhas horiñas estamos aí.

Terceiro día. Cansados pero animados na disco.

Queridos papis e mamis:
Hoxe non podemos actualizar o blog porque é a última noite e estamos de guateque.
Pero como nos acordamos de vós e nos tarda vervos, fixemos un alto no bailoteo para saudarvos con esta foto.
Moitos bicos.


lunes, 17 de junio de 2013

Segundo día: IMPRESIONANTE


Esa é a frase máis repetida: "Profe, o de hoxe foi impresionante". 
Non sabemos moi ben como ocurriu, (bueno, si sabemos: grazas á profesionalidade dos nosos anfitrións do albergue la Hermida) pero un día que amaneceu cerrado e chuvioso, tras unha noite de case diluvio, converteuse nunha sucesión de momentos inolvidables. 

Que pechado estaba pola mañá! E como choveu pola noite! E eras eran malas novas, pois tiñamos programada a visita a Fuente Dé (no teleférico) e a tarde de multiaventura. 

Subimos no bus con bo espíritu, armados de chuvasqueiros e paraugas, pero en seguida nos 'desinflamos' cando chegamos a Fuente Dé despois de case unha hora de camiño: o teleférico NON FUNCIONABA!! E non pola chuvia. A luz marchara en todo o val, e non sabían cando ía volver!!

Armámonos de paciencia e agardamos, pois tiñamos tempo. A nosa monitora Marta púxose en marcha e, de seguido nos preparou unha alternativa: coñecer o museo 'LA CASA DEL OSO'. Situado a poucos metros do teleférico, no parador nacional de Fuente Dé. 
Non estaba prevista na nosa ruta, pero puidemos disfrutar do museo gratuitamente. Foi unha visita fantástica, moi amena e ben explicada. Non é difícil collerlles cariño a uns animais simpatiquísimos, que tolean pola mel e suben ás cerdeiras para fartarse de cereixas. 



Cando estabamos rematando a visita despois de ver nunha oseira case real en tres dimensións, como hibernan os osos, recibimos a mellor das novas: XA VIÑERA A LUZ EN FUENTE DÉ.

Algún comentou que era mellor que marchara outra vez a luz para non ter que subir nesa caixa rara chamada teleférico (non teleSférico, claro). Pero todos superamos os nosos medos e completamos con éxito a viaxe de ida e volta ao ceo. As nubes quedaron abaixo mentres nós ascendiamos 800 metros, suxeitos só por un cable anclado nos Picos de Europa.
As vistas desde arriba, a pesares da néboa eran impresionantes. 






Proba superada
Pero aínda quedaba o mellor: despois de facer unha foto no mirador do teleférico volvemos a vista e alí estaban: OS NEVEROS, acumulacións de neve que resistiron a chegada da primavera. E aí foi cando toleamos... Ala! A correr e a tirar bolas (que doían, por certo, porque non eran de neve en polvo, senón case de xeo). 











A espera para que volvese a luz pagou a pena, foi divertidísimo.

Tras unha breve parada na tenda de recordos, marchamos á vila de Potes, preciosa e con moito turista. Alí tamén demos unha volta polas tendas e vimos a torre do Infantado, onde hai unha exposición sobre o Beato de Liébana, aínda que non entramos.


En Potes puidemos comprobar que é verdade que é unha vila con microclima: facía calor e ata algo de sol.
Voltamos ao albergue a tempo para comer macarróns con carne e albóndigas con patacas. Estade tranquilos que non pasamos fame. É todo comida caseira e está tendo bastante éxito.




Este é o noso hospedaxe visto desde o outro lado do río. Estamos rodeados de montañas. É un paraxe impresionante.  

A tarde reservábanos máis sorpresas. O tempo calmou, cambiamos os calcetíns por se se mollaran na neve, e puidemos deixar o impermeable no albergue.

Comezamos coa multiaventura. Das actividades que tiñamos programadas só puidemos facer tres: rapel, rocódromo e tiro con arco. As outras non puideron ser, porque a chuvia da mañá o impedía. Non se nos deu nada mal:











Pero o cambio pagou a pena, sorpresa total: TODO O MUNDO AO BALNEARIO! Está a 5 minutos camiñando do hotel. Estaba cheo de turistas pero fixéronos un oco e alá fomos. Unha piscinaza para nós sós con chorros por aquí e por alá. Ate tiña unha saída a unha piscina natural onde cae a auga termal directamente da roca. Eso tedes que velo! Un espectáculo.

 
Á entrada do Balneario La Hermida.

Hora e cuarto estivemos en remollo. Voltamos ao hotel, ceamos e continuamos coa festa. Aquí non hai tregua: xogos no parque do albergue e velada nocturna cun xogo de pistas con lanternas e todo. Dentro dun anaco, para a cama, que mañá tocan Cabárceno e Altamira e hai que estar fresco.

Saúdos a todos e todas. Non nos da moito tempo a botarvos de menos, pero non porque non vos queiramos: e que aquí non se para!!
Ata mañá!