Para ir abrindo boca e poñer os dentes longos aos que non veñen con nós, :) aquí tedes o noso itinerario pormenorizado e moitos enlaces e vídeos para que coñezades mellor algunhas das marabillas que imos ver.
DOMINGO 16 DE XUÑO:
DOMINGO 16 DE XUÑO:
Saída do colexio ás 09:00
Almorzaremos en ruta. Hai que levar a comida.
Despois de comer, chegaremos ao municipio de Colunga, en Asturias. Alí visitaremos o MUSEO DO XURÁSICO.
Tras a visita, continuaremos a ruta ata o noso albergue, que está en Cantabria, no municipio de La Hermida, Peñarrubia, nun entorno natural privilexiado. Alí veremos as nosas habitacións, coñeceremos aos monitores que nos acompañarán, cearemos e pasarémolo ben, segurísimo, na primeira velada nocturna.
LUNS 17 DE XUÑO:
Erguerémonos cedo e partiremos cara Fuente Dé. Así subiremos en teleférico e faremos unha pequena ruta polos picos de Europa. Nesta páxina hai magníficas fotos e nestas outras, máis información sobre o teleférico, Fuente Dé e os Picos de Europa.
Atrevédesvos? |
Regresaremos ao albergue para comer e, pola tarde... MULTIAVENTURA!!! (escalada e rappel en parede natural, tirolina, escalada en rocódromo, tiro con arco e Sky line).
Cea e velada nocturna.
MARTES 18 DE XUÑO:
Visita ao parque da natureza de
Cabárceno (participando na aula medioambiental e no espectáculo de focas).
Comeremos cun picnic no parque.
Tedes máis información sobre Cabárceno nesta páxina e nesta outra, onde veredes un mapa interactivo. Tamén hai información na Wikipedia.
Tras esta visita, sairemos cara o museo de ALTAMIRA. Alí visitaremos a réplica da cova, posto que a cova verdadeira non se pode visitar pois poden deteriorarse as pinturas. Tamén veremos o museo da prehistoria.

O museo tamén ten un canal en YOUTUBE con moitos vídeos interesantes.
Posto que están moi preto de Altamira, faremos unha breve visita a Santillana del Mar, a vila das tres mentiras: nin é Santa, nin chá, nin ten mar. O que si é, é unha vila moi bonita.
Posto que están moi preto de Altamira, faremos unha breve visita a Santillana del Mar, a vila das tres mentiras: nin é Santa, nin chá, nin ten mar. O que si é, é unha vila moi bonita.
Regresaremos ao albergue para tomar unha cea especial e disfrutar da nosa última velada nocturna
de despedida.
MÉRCORES 19 DE XUÑO
No noso último día de excursión teremos que erguernos cedo para visitar a cova de El Soplao. Impresionante! Tedes que vela!! (Aquí hai que levar algo de abrigo, polo menos unha sudadera, porque dentro adoita facer un pouco de frío.)
Reguresaremos a casa parando en ruta para comer, seguramente na vila asturiana de Cudillero, digna de coñecer, xa veredes.
Cova de El Soplao. |
Reguresaremos a casa parando en ruta para comer, seguramente na vila asturiana de Cudillero, digna de coñecer, xa veredes.
Chegaremos ao cole aproximadamente ás 18:30 da tarde do mércores.
Empregando a GUÍA REPSOL podedes ver vós mesmos o tempo que nos vai levar dun sitio a outro. Pinchade na foto para acceder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario