miércoles, 5 de junio de 2013

Comeza a conta atrás. IMOS DE EXCURSIÓN!!!


Ola a todos!!
A partir de agora poderedes seguir neste blog a nosa viaxe. Intentaremos actualizalo todos os días para que poidades ver as visitas e actividades que estamos a facer en Cantabria.



En primeiro lugar, presentámosvos o ALBERGUE onde nos imos aloxar.

ALBERGUE LA HERMIDA
La Hermida. Peñarrubia.
Cantabria

WEB DO ALOXAMENTO

As DATAS da nosa viaxe, como xa sabedes son:

Do DOMINGO 16 de xuño ao MÉRCORES 19 de xuño.

    Saída o domingo 16 do colexio ás 09:00 da mañá.
    Chegada aproximada o día 19 ás 18:30 da tarde.

ACOMPAÑANTES
Os mestres que faremos a viaxe cos nenos e nenas seremos a profe Diana, a profe Mónica e o profe Pedro
Ademais, contaremos co acompañamento de DOUS MONITORES do albergue en todas as visitas que fagamos.


RECOMENDAMOS LEVAR:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou do DNI. Serán recollidas e gardadas polos titores.
  • Roupa e calzado cómodo para catro días.
  • Un impermeable.
  • Toalla.
  • Neceseres de aseo e chanclas para as duchas.
  • Nun principio non temos programada ningunha actividade na auga, pero hai zona de baño no albergue. Non está demáis que leven un bañador.
  • Pixama.
  • Unha bolsa para a roupa sucia.
  • Comida para a viaxe de ida. Todas as demáis comidas están incluidas. Poden tamén levar merenda para ese día se adoitan merendar.
  • Por cortesía da ANPA os nenos e nenas recibirán unha gorra co logotipo do colexio de regalo. 
Como novidade, o albergue tivo o detalle de aloxarnos, polo mesmo prezo, nun edificio anexo que funciona como un hotel, con habitacións dobles, triples e cuádruples. Polo tanto, finalmente, NON TEÑEN NECESIDADE DE LEVAR SACO DE DURMIR: disporemos de roupa de cama para todos. 

CARTOS
Todos os gastos están incluidos no prezo. Se levan algo extra será para mercar algún capricho. Recomendamos unha cantidade non superior a 30 €.

APARELLOS ELECTRÓNICOS
Pregamos non levar consolas polo risco de que se extravíen.
As mestras faremos fotografías de toda a viaxe, que despois lles pasaremos, pero poden levar cámara de fotos baixo a súa responsabilidade.

TELÉFONOS
Os mestres teremos á vosa disposición un teléfono móvil localizable todo o día:


     679675476

Así mesmo, podedes chamar ao colexio directamente para calquera incidencia:
     981752151
E tamén ao ALBERGUE onde estamos aloxados:
     942733520  -  636954609

Con todo, se queren levar teléfono móvil, estes poderán ser usados na viaxe de ida e volta, pero non durante as visitas. Polo tanto, quedarán gardados no albergue e poderán ser empregados TODOS OS DÍAS ANTES DA CEA (entre as 20 e as 21 horas aproximadamente).

Por favor, recordade aos titores calquera caso de alerxias alimentarias ou a medicamentos, comidas especiais ou tratamentos médicos.

Se tedes calquera dúbida, contactade con nós.




Viaxamos con VIAXES EROSKI  (c/ Posse, 32. A Coruña. Tlf: 981175189. Axente: Raquel Cotrofe.) e AUTOCARES SERÉN.

Seguiremos informando!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario