martes, 24 de marzo de 2015

Planificación Excursión a Asturias



Aquí tedes o itinerario e as actividades que faremos na excursión.

Sairemos do colexio o luns 15 de xuño.

A primeira parada será en Luarca, en EL PARQUE DE LA VIDA. Pinchade na imaxe para abrir a web.




Tomaremos o picnic que levemos da casa no parque.

Pola tarde, achegarémonos aos KARTS de Soto de Dueñas.



Alí faremos tanto actividades de educación viaria como carreiras na pista exterior.

Ao rematar, dirixirémonos ao noso hotel para cear, ducharnos e descansar. 
É o Hotel Águila Real, na C/ La Pedrera, 27. Cangas de Onís. Pincha na imaxe para ver máis.




Como está ben situado en Cangas de Onís, tal vez poidamos dar unha volta pola vila. Botade unha ollada a todo o que nos ofrece esta fermosa vila:



Hai que durmir ben, porque ao día seguinte veñen dous dos pratos fortes da viaxe: o descenso do Sella e a ruta a cabalo.
Están organizadas pola empresa de multiaventura LOS CAUCES. O noso punto de encontro para as actividades está en ARRIONDAS

http://www.loscauces.com/

Comezaremos o día realizando a ruta a cabalo en dous grupos. E logo baixaremos xunto o río Sella e prepararémonos para remar.

Tomaremos o picnic que nos dean no hotel xunto ao río e sairemos directos a EL ENTREGO, onde nos espera o MUMI, Museo de la Minería. Pinchando na imaxe veredes o ITINERARIO previsto no museo.





O noso último día está tamén moi completo.
Despois de almorzar, iremos a unha das atraccións máis interesantes da zona, O MUSEO DO XURÁSICO (MUJA), situado en COLUNGA, onde pasaremos a mañá.







Despois de comer, continuaremos ata NAVA, onde visitaremos o MUSEO DA SIDRA

  E volveremos a casa sobre as 20:30 da tarde, aproximadamente.