lunes, 23 de abril de 2012

O RELEVO en CARBALLO


Isto que vos presento hoxe é un GLOG, unha especie de póster onde podedes ver algúns dos elementos do relevo que podemos identificar no noso contorno. Seguro que recoñecedes estes lugares. 
Faltan moitos. Coñecedes algún máis?


miércoles, 18 de abril de 2012

Elementos do RELEVO en Galicia


Aquí tedes exemplos do relevo en Galicia para repasar os conceptos que estamos a traballar.

E neste fermoso documental podedes coñecer máis cousas sobre a nosa terra, Galicia
Ten unhas fermosas imaxes con vistas dende o aire, así que seguro que vos será doado recoñecer moitas formas do relevo.

viernes, 13 de abril de 2012

Escoitando "Jueves" e as ANDURIÑAS

Para practicar a comprensión oral e desfrutar dunha bonita canción, hai unhas semanas que coñecemos "Jueves", de La Oreja de Van Gogh. Fomos descubrindo de que trataba e xa sabemos que é unha canción que recorda os atentados do 11 de marzo do 2004 en Madrid.


Este é o VIDEOCLIP OFICIAL. É moi sinxelo: xente anónima (descoñecida) que vai cantando a canción, sen decorado, e todo en branco e negro. Por qué pensades que decidirían facer o vídeo así?


Ao final do videoclip aparecen as palabras 'In memoriam'PREMIO: ¿Sabedes qué idioma é e o que significa?


Este ano cumpríronse 8 anos do suceso. Podedes coñecer máis cousas sobre ese acontecemento tan importante da historia recente de España buscando en Google ou na Wikipedia.

Esta canción levounos a coñecer a BÉCQUER e o seu poema 'Volverán las oscuras golondrinas'. Neste vídeo podédelo escoitar cantado por nenos e nenas de Andalucía.


Volverán las oscuras golondrinas
en tu balcón sus nidos a colgar,
y otra vez con el ala a sus cristales,
jugando llamarán.
Pero aquellas que el vuelo refrenaban
tu hermosura y mi dicha al contemplar;
aquellas que aprendieron nuestros nombres,
esas... ¡no volverán!
Volverán las tupidas madreselvas
de tu jardín las tapias a escalar,
y otra vez a la tarde, aun mas hermosas,
sus flores abrirán.
Pero aquellas cuajadas de rocío,
cuyas gotas mirábamos temblar
y caer, como lágrimas del día...
esas... ¡no volverán!
Volverán del amor en tus oídos
las palabras ardientes a sonar;
 tu corazón, de su profundo sueño
tal vez despertará.
Pero mudo y absorto y de rodillas
como se adora a Dios ante su altar,
como yo te he querido... desengáñate,
¡así no te querrán!

É un poema que fala do amor que se acabou e que nunca voltará.  As que si voltan son as ANDURIÑAS, sobre as que fixestes un bo traballo.


Xa sodes uns expertos/as e sabedes que son aves MIGRATORIAS que buscan zonas máis cálidas durante o inverno e voltan na primavera.
Aquí vedes o voo conxunto de centos delas nunha das súas migracións



Por último, escoitamos unha canción en galego moi coñecida. Seguro que na vosa casa a coñecen!!
Aquí vos deixo ANDURIÑA, de Juan Pardo, que tamén conta unha bonita historia.







miércoles, 11 de abril de 2012

Agora, a polas provincias!!


Aquí tedes enlaces para practicar as 
PROVINCIAS de ESPAÑA:

Pinchade no nome da provincia que se resalta no mapa NESTA PÁXINA.

Facede un puzzle coas provincias AQUÍ.

E, por último: localizade a provincia que vos indican NESTA OUTRA WEB.


domingo, 8 de abril de 2012

Aló imos, con Rubén a KENIA


Aínda non visitaramos o continente africano. Fixémolo con Rubén.

 

A nosa parada foi en Kalema, no país de KENIA, no continente de ÁFRICA.

Kenia está no LESTE do continente AFRICANO
A paisaxe que se amosaba no libro era unha sabana onde había un safari, con moitos animais e turistas desexando facer fotos. O lugar representado na imaxe é unha reserva natural moi importante chamada MASAI MARA. Chámase así porque a tribu MASAI habita esa zona e o río MARA crúzaa.

Leóns, rinocerontes negros, cebras, guepardos, hienas, xirafas... e especialmente os ñus, ocupan esa zona e son admiradas polos turistas desde os vehículos 4 x 4.

As adivas de Rubén axudáronnos a aprender cousas sobre:

- As LANZAS: que son unha arma moi lixeira e fácil de transportar. Úsanas os MASAI para cazar. Un cadro moi famoso que ten como protagonistas as lanzas é A RENDICIÓN DE BREDA ou AS LANZAS de VELÁZQUEZ.

O cadro ten un tamaño de 3'07 x 3'67 metros e está no MUSEO DO PRADO en Madrid


- O : aínda que pareza raro, os elefantes úsano para "lavarse" e manter alonxados aos insectos. Podédelo ver neste vídeo:





- Os TRÍPODES, que suxeitan cámaras fotográficas para que os curiosos tomen fotos sen ter que achegarse aos animais.
- A MONTAÑA KENIA, un monte precioso. O segundo máis alto de ÁFRICA.
Aquí o tedes:
Origen: http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Pt_Thomson_Batian_Nelion_Mt_Kenya.JPG
 Recordades cal era a MONTAÑA MÁIS ALTA DE ÁFRICA?

Copyright 2000-2012, NewOpenWorld Corporation, (NOWC)
 Aquí a tedes: O KILIMANJARO, que está en TANZANIA

- Os CAMIÑOS, porque case non hai estradas asfaltadas como aquí.
- As CHISPAS. Porque os MASAI viven de forma bastante primitiva. O libro falábanos de formas de facer lume.
Pero, ATENCIÓN, PREGUNTA!!

¿de onde obtiveron os seres humanos
por primeira vez o lume? 
Dunha cerilla? Dun chisqueiro?  

Aquí tedes o GOOGLE para atopar a resposta e comentala na aula. 

Grazas pola viaxe, RUBÉN!!



lunes, 2 de abril de 2012

Marchamos a Río de Janeiro con Alba.

Despois de visitar OCEANÍA e ASIA, cambiamos de continente de novo para deternos en SUDAMÉRICA.
Grazas a ás adiviñas de Alba coñecemos algúns detalles sobre RÍO DE JANEIRO.



Álex estaba convencido de que non é a capital de Brasil, e ten toda a razón. Foino ata o ano 1960. Dende entón, a capital é Brasilia. Río ten 6 millóns de habitantes, case o doble que Madrid.

As respostas ás adiviñas que nos propuxo Alba foron as seguintes:

- A Pataca veu de América unha vez que foi descuberta polos europeos. Antes de que o cultivo da pataca se xeneralizara en Europa era frecuente o consumo de castañas.
A imaxe é un cadro de Van Gogh que representa as patacas. As pinturas nas que se representan obxectos inanimados, como a comida, chámanse BODEGÓNS.


- A Samba. Un baile típico de Brasil que se baila sobre todo no Entroido. Aquí podedes ver imaxes do SAMBÓDROMO, o lugar construido para que desfilen as escolas de baile cos seus traxes bailando Samba durante o Carnaval

- O Loro. Esta ave tan simpática que aquí é considerada unha especie exótica, atópase en liberdade en Brasil.

- A Piña: froita tropical moi rica que levaba unha famosa actriz brasileira no seu sombreiro, xunto con outras froitas. Aquí tedes unha imaxe desa actriz, Carmen Miranda e o seu 'discretísimo' sombreiro. (Premio para aqueles que me digan o que significa discreto e por qué o poño entre comiñas).


- O Azucre. Alba falounos del por unha curiosa montaña característica de Río de Janeiro. Chámase Pan de Azucre (Pão de Açúcar). Ten 396 metros de altura e chégase á súa cima en Teleférico, como o que vedes na imaxe. 

Fonte: Wikipedia
Outra imaxe moi característica de Brasil é o Cristo Redentor do Corcovado, construido en granito sobre unha montaña. É outra das atraccións turísticas de Río. Seguro que o coñecedes.
Fonte: Wikimedia
Nesa imaxe non apreciades o seu enorme tamaño, pero podedes velo mellor nesta PÁXINA.
- Cucaracha. En Brasil as fortunas están moi mal repartidas e hai unha pouca xente rica e moita xente moi pobre. Hai grandes barrios feitos de chavolas, que alá se chaman FAVELAS.  Neles hai moi malas condicións de salubridade e hai bastante inseguridade. Algunhas asociacións axudan aos nenos da favelas para que xoguen ao FÚTBOL e poidan sair da pobreza. 
Nesta imaxe vedes unha grande barriada de favelas xusto tras grandes rañaceos.

Por Alicia Nijdam
Espero que vos gustara a 'VIAXE' a Brasil.