Tras comer o picnic no parque, arrancamos cara Santillana del Mar. O seu Nome ven de Santa Juliana. Os nosos monitores non queren que nos aburramos nin un segundo, así que preparáronnos unha Gyncana con probas pola vila. Había que atopar os lugares que nos mandaban, preguntar á xente e facernos unha foto neles.
En Santillana fomos invitados a un xeado e, tras repoñer
forzas, dirixímonos a Altamira.
Non vos extrañe que ninguén vos conte nada desta visita,
porque a estas alturas do día, ninguén podía coas calzas. Ademais nosa guía do
museo non é que fose moi dicharachera, así que, a pesares das maravillas da
réplica da cova, que reproduce ao milímetro a original, pouco nos faltou a
todos para quedar durmidos.
Con Pedro Chosco pisándonos os talóns, voltamos ao albergue
a tempo para cear e cun sono de mil demos.
Valiu a pena cansarnos tanto, porque foi unha excursión moiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii divertida e bonita, gracias profesores.
ResponderEliminarDavid f.
Gracias a vós, David, que foi fantástico compartir esta experiencia con vós. Sodes estupendos!!
ResponderEliminarEsta excursión molou moitísimo grazas a todos os profesores que a organizaron e aos outros q tamen foron vos connosco.
ResponderEliminarÁlex Vázquez Freire
E gracias a vós por portarvos tan ben e participar en todo de boa gana. Foi xenial levarvos!!
Eliminar