lunes, 3 de diciembre de 2012

En el vientre materno



National Geographic realizou unha serie de documentais que mostran o desenvolvemento da vida no ventre na nai dunha forma incrible, cunhas imaxes espectaculares.

Na súa páxina pódese acceder aos vídeos e aprender moitas cousas sobre a reprodución.



viernes, 23 de noviembre de 2012

Ángulos

Recordade os tipos de ángulos.

Medilos xa está chupado este ano. Aquí tamén podedes.

Tamén identificalos.

Que dirán na casa cando vos vexan co transportador na pantalla do ordenador

Aquí tedes o sistema de medida en graos, minutos e segundos, para practicar o sistema sexaxesimal. Para avanzar pulsade nos números de enriba, á dereita.
Tamén aquí. E aquí.
 
A practicar un pouquiño sumas e restas con esta aplicación.
E con esta outra.

Esta páxina é para mates de 1º da ESO e xa sabedes moitas das cousas. 

Ángulos complementarios e suplementarios.  
Seguimos co tema.

Moito ánimo! A practicar!
  


jueves, 22 de noviembre de 2012

Día Universal dos nenos e as nenas


No Castelo de Razo tamén aprenden cales son os dereitos dos nenos e nenas e, o que é máis importante, aprenden, día a día que á posibilidade de exercer un dereito está ligada a un deber que temos que cumplir.

Convídovos a ver esta entrada do blog dos 'pequenos', que tamén nos dan leccións moitas veces. E recórdovos que vós sodes exemplo para eles polo que vos queren e vos admiran.

No vídeo que compartiu a profe, fálasenos dos dereitos dos nenos e nenas que estamos a traballar na clase.

martes, 20 de noviembre de 2012

A circulación



Aquí vos deixo unha chea de recursos para que practiquedes o tema da circulación humana.


http://www.turismoenxebre.com/2010/01/la-casa-del-hombre-o-domus-de-coruna.html

 
Xa coñecemos ben as páxinas do proxecto Agrega, onde nos explican o corpo humano. Recordade que pulsando nos números da dereita, tedes actividades para realizar.

Este estupendo vídeo explícanos os compoñentes do sangue.

 

Este outro vídeo explícavos todo o proceso circulatorio.


 

Nesta páxina poderedes saber máis sobre os capilares e a circulación. Pulsade nos diferentes apartados da parte dereita.

Practicade o que aprendestes explicando o proceso con este gráfico.



Esta páxina explica o sangue estupendamente, con bonitos gráficos.


Aquí averiguaredes canto sangue tedes no corpo segundo o voso peso e poderedes comprender mellor a circulación. Pulsade nas frechas que tedes enriba á dereita para avanzar. Tamén poderedes comprobar que as veas non son azuis, como pensamos moitas veces polos gráficos que vemos.
Veredes a cor do sangue cando leva osíxeno e cando vai cargada de dióxido de carbono.

Este é o vídeo máis longo, pero paga a pena velo pois vén explicado todo o proceso circulatorio.





Aquí, nesta páxina, tedes TODO O PROCESO explicado, integrando os dous aparellos: RESPIRATORIO e CIRCULATORIO, para comprendelo todo moito mellor. 

Por último, aquí tedes un vídeo dunha disección dun corazón, na que podedes apreciar as súas partes, igual que fixemos na DOMUS o curso pasado.
 

A historia da Terra e da vida.



Neste fantástico vídeo, podedes ver, 
resumida nun minuto e medio
a historia do planeta Terra 
e da humanidade.

A ver se vos gusta.

lunes, 19 de noviembre de 2012

A respiración


Vouvos deixando recursos para que non se vos escape nada do tema da respiración.

Este é o vídeo que vimos onde nos explican o sistema respiratorio e os seus órganos:





Nesta animación podedes ver o proceso respiratorio, as partes e as enfermidades máis frecuentes. 

Practicade nesta aplicación os órganos do sistema respiratorio.

Como sempre, as páxinas do proxecto AGREGA axúdannos moito a comprender os temas sobre o corpo humano aínda que fagan 'glu glu' de vez en cando e sexan un pouco pesadas.

Este outro recurso tamén é moi completo. 

Neste fantástico vídeo podemos ver o sistema respiratorio por dentro e unha animación sobre o intercambio de gases.









E neste hai unha explicación un pouco disparatada do sistema respiratorio, o diafragma e o impo, por parte do noso coñecido Beackman




Estes rapaces explícannos os órganos cuns pulmóns de cerdo.

 

Este vídeo pode servos útil se queredes convencer a algún familiar para que deixe de fumar. Sorte! :-)




jueves, 15 de noviembre de 2012

O primeiro principio da declaración dos dereitos do neno: a non discriminación.

Os dereitos humanos son iguais para todas e todos.
Polo tanto, ningún neno ou nena será discriminado por razóns de xénero, relixión, opinión, lugar de nacemento, raza, cor ou outras características.

Para reflexionar sobre a discriminación por razóns relixiosas, temos este corto, breve e directo.




Para pensar sobre o papel da muller na sociedade e a discriminación por causa de xénero, temos un libro estupendo que aquí vemos en forma de vídeo.


 
Este outro vídeo axudounos a opinar sobre a discriminación por unha discapacidade ou mesmo pola propia forma de ser.




Por último, axudados por este libro puidemos falar sobre o absurda que resulta a discriminación pola cor da pel e, por extensión, pola nacionalidade.



martes, 13 de noviembre de 2012

A practicar a multiplicación, que boa falta fai.



Dádelle un repasiño ás táboas, que nunca está demáis. 


Aquí tedes a oca de multiplicar.  
Retade aos da casa a unha partida!!


As aventuras do señor Pi tamén axudan a repasar. Por suposto, elixide o nivel máis alto para xogar. 

Explotar globos tamén é unha boa maneira de practicar. 

Ou transformar personaxes noutros novos.



lunes, 12 de noviembre de 2012

domingo, 11 de noviembre de 2012

Os vosos poemas. Alba, Rubén, Eloy e Isabel.


Déixovos coa actuación de Alba, cun poema en galego con moita retranca.



E aquí ven Eloy cun poema archicoñecido: La canción del pirata.






O grupo Tierra Santa, interpreta este famoso poema de José de Espronceda.


 

Isabel trae outra canción, esta vez 'La canción del árbol'.



E aquí está Rubén cun poema moi coñecido de María Elena Walsh, que nos fala do valor do esforzo: La vaca estudiosa. 




Neste vídeo podemos ver á vaca estudiosa en plena acción, estuda que estuda.  












jueves, 8 de noviembre de 2012

lunes, 5 de noviembre de 2012

Múltiplos y divisores



Comenzamos con los múltiplos en esta página, y continuamos con los divisores.

Practica aquí los criterios de divisibilidad y también aquí pescando patos. Arriba a la derecha (donde aparecen los números 1, 2 y 3) hay más actividades. 

En la página del Proyecto Agrega, puedes ver todo el tema bien explicadito y con actividades variadas.  Recuerda pulsar en los números que hay arriba a la derecha para cambiar de actividades.

En esta página hacen una recopilación de recursos sobre el tema de múltiplos y divisores.

En esta otra página tenéis varios enlaces para practicar el MÁXIMO COMÚN DIVISOR.



 

viernes, 2 de noviembre de 2012

Os vosos poemas. Álex, Pablo e Diego.



Comezamos con Álex e o seu tenro poema  
de Gloria Fuertes 
"Cómo se dibuja un niño"





No vídeo deste enlace ensínanvos 
a debuxar 
un neno 
nun periquete. 



Continuamos con Pablo e o seu simpático poema
tamén de Gloria Fuertes,  
"Las monas caprichosas" 



 
Pablo ten 
un competidor de recitado 
neste vídeo:




Por último, Diego, que nos trouxo, con moito salero, 
un bonito poema titulado
"Mi hermano pequeño no sabe nadar". 







martes, 23 de octubre de 2012

A alimentación e a nutrición



Con que nos alimentamos. 
Tipos de alimentos e nutrientes.







Axuda ao extraterrestre e agrupa os alimentos segundo os nutrientes que teñen.
Aquí tedes un deportista que non soubo alimentarse ben antes dunha carreira.
Velaquí un oficinista que non ten roupa que poñer.  
Fadece de doutores dun paciente con estreñimiento. 

Coñecede  as vitaminas deste sanísimo equipo de fútbol.
Adiviñade a vitamina que ten cada alimento.

Alimentación sana e equilibrada



Aprendede a importancia de cada alimento abrindo a neveira. 
Aquí tedes a páxina para practicar unha alimentación sana.
Nesta animación e nesta outra explícanvos as pirámides de alimentos. E aquí podedes practicala.
Ide ao supermercado e facede unha compra saudable neste xogo. 
Nesta páxina, que xa coñecedes hai varias actividades para saber que tal vos alimentades.

A dixestión



Nesta páxina tedes todos os órganos e o proceso dixestivo moi ben explicados.
Nesta animación que vimos na clase podedes ver o proceso dixestivo e axudaravos a estudalo.
Aquí tedes a dixestión explicada noutro vídeo.
Por último, comproba se coñeces o proceso dixestivo e se o sabes ordenar nesta páxina.

 


lunes, 15 de octubre de 2012

Los números enteros


Vamos allá con los números enteros.
Lo primero será ver un vídeo que nos aclare lo que son.




A continuación, podéis ver las diferentes situaciones en las que se usan los números enteros en esta página.  Comprueba si lo has entendido haciendo las dos actividades que te proponen en la página. 


También puedes practicar los números en EL ASCENSOR y con EL TERMÓMETRO. Otra situación donde se usan los números enteros es en la representación de altitudes. Pruébalo aquí.

Vamos ahora a representar los números ENTEROS en la RECTA NUMÉRICA. ¡Muy fácil! También puedes en este otro enlace

Comparar números enteros, os vendrá muy bien para preparar el examen. Podéis practicar aquí.  

Seguro que no te cuesta nada resolver estos tres problemas de números enteros.


Ahora que ya conoces los números negativos, puedes comprender la representación de datos en COORDENADAS CARTESIANAS.
Prueba en esta página, y en esta otra


Por último, puedes prepararte para el examen en esta página. La teoría resume el tema, y con el TEST puedes practicar. 


¡Ánimo!





jueves, 4 de octubre de 2012

A función de relación

Inauguramos o blogue de sexto traballando o CORPO HUMANO, comezando coa FUNCIÓN DE RELACIÓN.

Xa sabedes que a FUNCIÓN DE RELACIÓN consiste en ofrecer respostas aos estímulos do medio. 

Unha vez recibimos un estímulo (a través dos nosos SENTIDOS), o SISTEMA NERVIOSO toma unha decisión e ELABORA A RESPOSTA máis adecuada, que executa o APARELLO LOCOMOTOR. 

Aquí vai un pouco de teoría con actividades. 
 
E a continuación, déixovos enlaces interesantes para que practiquedes estes aspectos: 

Para coñecer o sistema nervioso e as súas células, aquí tedes este vídeo que vimos na clase.



Como sempre, en Érase unha vez, explícannos dun xeito entretido as cousas máis complexas: 





Neste outro vídeo, podemos aprender como funcionan os movementos reflexos. Nin sequera os 'pensamos' co cerebro, son rápidos e automáticos.





A ver se acertades estas preguntas sobre o sentido da vista.

E estas outras sobre a función de relación.

Por último, imos traballar co encargado de executar as ordes do sistema nervioso: O APARELLO LOCOMOTOR
Aprendede primeiro nesta páxina.
E agora imos practicar un pouco nesta outra, moi fácil, e tamén aquí, un pouco máis difícil.

Ánimo con este tema, que o tedes chupado!






lunes, 9 de julio de 2012

La Cenicienta


¡Aquí vos deixo a vosa espectacular actuación!

Subtituleina porque o audio do pavillón e da cámara non son bos.

Espero que a disfrutedes tanto coma o público.





La Cenicienta from armonicacv on Vimeo.



Moitos bicos a tod@s!

viernes, 25 de mayo de 2012

Algo máis sobre PREHISTORIA

Agora que xa sodes expertos e expertas estas páxinas serviranvos para repasar e coñecer un pouco máis sobre:



Ao inicio deste vídeo podedes ver como se fabricaba un 'coitelo' golpeando dúas pedras. Recordade que fabricar as ferramentas con pedra GOLPEADA era propio do Paleolítico.

sábado, 5 de mayo de 2012

Unidades de medida

Lonxitude, capacidade e masa.
Xa o tedes dominadísimo, pero nunca ven mal practicar:


Unidades de medida de masa.


A famosa táboa para cambiar dunha unidade de capacidade a outra.


E varios exercicios con lonxitudes. 

Para repasar

Nesta páxina darás a volta a España en bici sorteando diversas unidades de relevo que tes que situar. 

Aquí explícanvos moi ben as características dos Ríos e vertentes e aquí podedes ver como son os ríos de España.

Ríos e costas de España.


Los ríos de España.


Ríos y mares.



E por último, aquí tedes O documento que estivemos traballando na clase, en blanco para que preparedes o exame:

Actividades Para Preparar o Exame







A practicar!






viernes, 4 de mayo de 2012

Visitamos La Voz de Galicia

Este mércores fixemos unha visita ás instalacións do xornal La Voz de Galicia e aquí estamos: a toda cor!

Así se e o plató de informativos que visitamos na tele. 
(Minuto 2:46)






lunes, 23 de abril de 2012

O RELEVO en CARBALLO


Isto que vos presento hoxe é un GLOG, unha especie de póster onde podedes ver algúns dos elementos do relevo que podemos identificar no noso contorno. Seguro que recoñecedes estes lugares. 
Faltan moitos. Coñecedes algún máis?


miércoles, 18 de abril de 2012

Elementos do RELEVO en Galicia


Aquí tedes exemplos do relevo en Galicia para repasar os conceptos que estamos a traballar.

E neste fermoso documental podedes coñecer máis cousas sobre a nosa terra, Galicia
Ten unhas fermosas imaxes con vistas dende o aire, así que seguro que vos será doado recoñecer moitas formas do relevo.

viernes, 13 de abril de 2012

Escoitando "Jueves" e as ANDURIÑAS

Para practicar a comprensión oral e desfrutar dunha bonita canción, hai unhas semanas que coñecemos "Jueves", de La Oreja de Van Gogh. Fomos descubrindo de que trataba e xa sabemos que é unha canción que recorda os atentados do 11 de marzo do 2004 en Madrid.


Este é o VIDEOCLIP OFICIAL. É moi sinxelo: xente anónima (descoñecida) que vai cantando a canción, sen decorado, e todo en branco e negro. Por qué pensades que decidirían facer o vídeo así?


Ao final do videoclip aparecen as palabras 'In memoriam'PREMIO: ¿Sabedes qué idioma é e o que significa?


Este ano cumpríronse 8 anos do suceso. Podedes coñecer máis cousas sobre ese acontecemento tan importante da historia recente de España buscando en Google ou na Wikipedia.

Esta canción levounos a coñecer a BÉCQUER e o seu poema 'Volverán las oscuras golondrinas'. Neste vídeo podédelo escoitar cantado por nenos e nenas de Andalucía.


Volverán las oscuras golondrinas
en tu balcón sus nidos a colgar,
y otra vez con el ala a sus cristales,
jugando llamarán.
Pero aquellas que el vuelo refrenaban
tu hermosura y mi dicha al contemplar;
aquellas que aprendieron nuestros nombres,
esas... ¡no volverán!
Volverán las tupidas madreselvas
de tu jardín las tapias a escalar,
y otra vez a la tarde, aun mas hermosas,
sus flores abrirán.
Pero aquellas cuajadas de rocío,
cuyas gotas mirábamos temblar
y caer, como lágrimas del día...
esas... ¡no volverán!
Volverán del amor en tus oídos
las palabras ardientes a sonar;
 tu corazón, de su profundo sueño
tal vez despertará.
Pero mudo y absorto y de rodillas
como se adora a Dios ante su altar,
como yo te he querido... desengáñate,
¡así no te querrán!

É un poema que fala do amor que se acabou e que nunca voltará.  As que si voltan son as ANDURIÑAS, sobre as que fixestes un bo traballo.


Xa sodes uns expertos/as e sabedes que son aves MIGRATORIAS que buscan zonas máis cálidas durante o inverno e voltan na primavera.
Aquí vedes o voo conxunto de centos delas nunha das súas migracións



Por último, escoitamos unha canción en galego moi coñecida. Seguro que na vosa casa a coñecen!!
Aquí vos deixo ANDURIÑA, de Juan Pardo, que tamén conta unha bonita historia.







miércoles, 11 de abril de 2012

Agora, a polas provincias!!


Aquí tedes enlaces para practicar as 
PROVINCIAS de ESPAÑA:

Pinchade no nome da provincia que se resalta no mapa NESTA PÁXINA.

Facede un puzzle coas provincias AQUÍ.

E, por último: localizade a provincia que vos indican NESTA OUTRA WEB.