viernes, 23 de noviembre de 2012

Ángulos

Recordade os tipos de ángulos.

Medilos xa está chupado este ano. Aquí tamén podedes.

Tamén identificalos.

Que dirán na casa cando vos vexan co transportador na pantalla do ordenador

Aquí tedes o sistema de medida en graos, minutos e segundos, para practicar o sistema sexaxesimal. Para avanzar pulsade nos números de enriba, á dereita.
Tamén aquí. E aquí.
 
A practicar un pouquiño sumas e restas con esta aplicación.
E con esta outra.

Esta páxina é para mates de 1º da ESO e xa sabedes moitas das cousas. 

Ángulos complementarios e suplementarios.  
Seguimos co tema.

Moito ánimo! A practicar!
  


jueves, 22 de noviembre de 2012

Día Universal dos nenos e as nenas


No Castelo de Razo tamén aprenden cales son os dereitos dos nenos e nenas e, o que é máis importante, aprenden, día a día que á posibilidade de exercer un dereito está ligada a un deber que temos que cumplir.

Convídovos a ver esta entrada do blog dos 'pequenos', que tamén nos dan leccións moitas veces. E recórdovos que vós sodes exemplo para eles polo que vos queren e vos admiran.

No vídeo que compartiu a profe, fálasenos dos dereitos dos nenos e nenas que estamos a traballar na clase.

martes, 20 de noviembre de 2012

A circulación



Aquí vos deixo unha chea de recursos para que practiquedes o tema da circulación humana.


http://www.turismoenxebre.com/2010/01/la-casa-del-hombre-o-domus-de-coruna.html

 
Xa coñecemos ben as páxinas do proxecto Agrega, onde nos explican o corpo humano. Recordade que pulsando nos números da dereita, tedes actividades para realizar.

Este estupendo vídeo explícanos os compoñentes do sangue.

 

Este outro vídeo explícavos todo o proceso circulatorio.


 

Nesta páxina poderedes saber máis sobre os capilares e a circulación. Pulsade nos diferentes apartados da parte dereita.

Practicade o que aprendestes explicando o proceso con este gráfico.



Esta páxina explica o sangue estupendamente, con bonitos gráficos.


Aquí averiguaredes canto sangue tedes no corpo segundo o voso peso e poderedes comprender mellor a circulación. Pulsade nas frechas que tedes enriba á dereita para avanzar. Tamén poderedes comprobar que as veas non son azuis, como pensamos moitas veces polos gráficos que vemos.
Veredes a cor do sangue cando leva osíxeno e cando vai cargada de dióxido de carbono.

Este é o vídeo máis longo, pero paga a pena velo pois vén explicado todo o proceso circulatorio.





Aquí, nesta páxina, tedes TODO O PROCESO explicado, integrando os dous aparellos: RESPIRATORIO e CIRCULATORIO, para comprendelo todo moito mellor. 

Por último, aquí tedes un vídeo dunha disección dun corazón, na que podedes apreciar as súas partes, igual que fixemos na DOMUS o curso pasado.
 

A historia da Terra e da vida.



Neste fantástico vídeo, podedes ver, 
resumida nun minuto e medio
a historia do planeta Terra 
e da humanidade.

A ver se vos gusta.

lunes, 19 de noviembre de 2012

A respiración


Vouvos deixando recursos para que non se vos escape nada do tema da respiración.

Este é o vídeo que vimos onde nos explican o sistema respiratorio e os seus órganos:





Nesta animación podedes ver o proceso respiratorio, as partes e as enfermidades máis frecuentes. 

Practicade nesta aplicación os órganos do sistema respiratorio.

Como sempre, as páxinas do proxecto AGREGA axúdannos moito a comprender os temas sobre o corpo humano aínda que fagan 'glu glu' de vez en cando e sexan un pouco pesadas.

Este outro recurso tamén é moi completo. 

Neste fantástico vídeo podemos ver o sistema respiratorio por dentro e unha animación sobre o intercambio de gases.









E neste hai unha explicación un pouco disparatada do sistema respiratorio, o diafragma e o impo, por parte do noso coñecido Beackman




Estes rapaces explícannos os órganos cuns pulmóns de cerdo.

 

Este vídeo pode servos útil se queredes convencer a algún familiar para que deixe de fumar. Sorte! :-)




jueves, 15 de noviembre de 2012

O primeiro principio da declaración dos dereitos do neno: a non discriminación.

Os dereitos humanos son iguais para todas e todos.
Polo tanto, ningún neno ou nena será discriminado por razóns de xénero, relixión, opinión, lugar de nacemento, raza, cor ou outras características.

Para reflexionar sobre a discriminación por razóns relixiosas, temos este corto, breve e directo.




Para pensar sobre o papel da muller na sociedade e a discriminación por causa de xénero, temos un libro estupendo que aquí vemos en forma de vídeo.


 
Este outro vídeo axudounos a opinar sobre a discriminación por unha discapacidade ou mesmo pola propia forma de ser.




Por último, axudados por este libro puidemos falar sobre o absurda que resulta a discriminación pola cor da pel e, por extensión, pola nacionalidade.



martes, 13 de noviembre de 2012

A practicar a multiplicación, que boa falta fai.



Dádelle un repasiño ás táboas, que nunca está demáis. 


Aquí tedes a oca de multiplicar.  
Retade aos da casa a unha partida!!


As aventuras do señor Pi tamén axudan a repasar. Por suposto, elixide o nivel máis alto para xogar. 

Explotar globos tamén é unha boa maneira de practicar. 

Ou transformar personaxes noutros novos.



lunes, 12 de noviembre de 2012

domingo, 11 de noviembre de 2012

Os vosos poemas. Alba, Rubén, Eloy e Isabel.


Déixovos coa actuación de Alba, cun poema en galego con moita retranca.



E aquí ven Eloy cun poema archicoñecido: La canción del pirata.






O grupo Tierra Santa, interpreta este famoso poema de José de Espronceda.


 

Isabel trae outra canción, esta vez 'La canción del árbol'.



E aquí está Rubén cun poema moi coñecido de María Elena Walsh, que nos fala do valor do esforzo: La vaca estudiosa. 




Neste vídeo podemos ver á vaca estudiosa en plena acción, estuda que estuda.  












jueves, 8 de noviembre de 2012

lunes, 5 de noviembre de 2012

Múltiplos y divisores



Comenzamos con los múltiplos en esta página, y continuamos con los divisores.

Practica aquí los criterios de divisibilidad y también aquí pescando patos. Arriba a la derecha (donde aparecen los números 1, 2 y 3) hay más actividades. 

En la página del Proyecto Agrega, puedes ver todo el tema bien explicadito y con actividades variadas.  Recuerda pulsar en los números que hay arriba a la derecha para cambiar de actividades.

En esta página hacen una recopilación de recursos sobre el tema de múltiplos y divisores.

En esta otra página tenéis varios enlaces para practicar el MÁXIMO COMÚN DIVISOR.



 

viernes, 2 de noviembre de 2012

Os vosos poemas. Álex, Pablo e Diego.



Comezamos con Álex e o seu tenro poema  
de Gloria Fuertes 
"Cómo se dibuja un niño"





No vídeo deste enlace ensínanvos 
a debuxar 
un neno 
nun periquete. 



Continuamos con Pablo e o seu simpático poema
tamén de Gloria Fuertes,  
"Las monas caprichosas" 



 
Pablo ten 
un competidor de recitado 
neste vídeo:




Por último, Diego, que nos trouxo, con moito salero, 
un bonito poema titulado
"Mi hermano pequeño no sabe nadar".