O cansanzo comezaba a facer mella en nós, pero o bo tempo
dounos ánimos para comezar a nova xornada. Mágoa que, ao saír de La Hermida,
comezara a chover. Unha chuvia miuda que nos acompañou durante todo o día.
Partimos ata Cabárceno viaxando durante unha hora e cuarto. A nosa primeira parada foron os tigres. Estaban un pouco
durmidos. Sorbemos que, hai pouco, intentaron xuntar dúas manadas e cinco
tigresas morreron.
Despois fomos ver os gorilas, que nos encantaron pois eran
enormes, e había unha mamá xogando coa súa cría pequerrecha.
O recinto que máis impresiona, é o dos osos. Había moitos e
son moi activos e notábase que tiñan fame pois estaban todos ao redor do portal de entrada ao seu recinto e
pelexaban entre eles.
Vimos tamén elefantes, cebras grevi e comúns, leóns, cervos,
gamos, rinocerontes, hipopótamos, aves rapaces, animais de granxa…
Onda os dromedarios déronnos unha charla e sorbemos que,
dunha tacada, poden beber 135 litros de auga en só 13 minutos. E poden estar
sen comer e beber 10 meses.
Logo baixamos ao reptilario onde había iguanas, lagartos,
serpes e unha pitón de 7 metros!!!
A pesar de que choviscaba, fumos ver o espectáculo dos leóns
marinos (non ‘focas’). O presentador – entrenador era simpatiquísimo, e os
leóns mariños tamén: Lucas, Paz, Eco,…
No hay comentarios:
Publicar un comentario