viernes, 25 de abril de 2014

Ángulos para quinto


Xa temos unha entrada sobre ángulos no blog, pero é un pouquiño máis complexa. Aquí vos deixo esta, adaptada ao que estamos dando na clase.

Nesta páxina tedes toda a teoría sobre o tema: pinchade en rectas e en ángulos e repasade.
Aquí traballaredes os tipos de rectas: paralelas, secantes e perpendiculares.
Aquí recordaremos os distintos tipos de ángulos. Tamén aquí.
Aquí podedes repasar conceptos sobre rectas e ángulos.
Máis repaso sobre elementos xeométricos: rectas, ángulos, orixe, segmentos...
Se pinchades en EXPLORACIÓN e en EXERCICIOS teredes un transportador de ángulos virtual. Xa se coloca soíño.
Practicade os xiros de ángulos axudando ao camaleón a comer.
A araña tamén intenta atrapar moscas. 
Este NINJA necesita axuda para acabar cos enemigos. E ten que dominar os ángulos. 

Trazar rectas paralelas non é nada complicado con escuadra e cartabón: aquí tedes como.
Tamén as perpendiculares son sinxelas. 
E dous vídeos por se non queda claro:
Probade vós.



Para atopar un punto medio dun segmento, a mediatriz, seguimos estes sinxelos pasos: 
 

E aquí tedes explicada a BISECTRIZ dun ÁNGULO:

Hala, a practicar!!!!
Moito ánimo!!