Inauguramos o blogue de sexto traballando o CORPO HUMANO, comezando coa FUNCIÓN DE RELACIÓN.
Xa sabedes que a FUNCIÓN DE RELACIÓN consiste en ofrecer respostas aos estímulos do medio.
Unha vez recibimos un estímulo (a través dos nosos SENTIDOS), o SISTEMA NERVIOSO toma unha decisión e ELABORA A RESPOSTA máis adecuada, que executa o APARELLO LOCOMOTOR.
Aquí vai un pouco de teoría con actividades.
E a continuación, déixovos enlaces interesantes para que practiquedes estes aspectos:
Para coñecer o sistema nervioso e as súas células, aquí tedes este vídeo que vimos na clase.
Como sempre, en Érase unha vez, explícannos dun xeito entretido as cousas máis complexas:
Neste outro vídeo, podemos aprender como funcionan os movementos reflexos. Nin sequera os 'pensamos' co cerebro, son rápidos e automáticos.
A ver se acertades estas preguntas sobre o sentido da vista.
E estas outras sobre a función de relación.
Por último, imos traballar co encargado de executar as ordes do sistema nervioso: O APARELLO LOCOMOTOR.
Aprendede primeiro nesta páxina.
E agora imos practicar un pouco nesta outra, moi fácil, e tamén aquí, un pouco máis difícil.
Ánimo con este tema, que o tedes chupado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario