Aquí vos deixo unha chea de recursos para que practiquedes o tema da circulación humana.
http://www.turismoenxebre.com/2010/01/la-casa-del-hombre-o-domus-de-coruna.html |
Xa coñecemos ben as páxinas do proxecto Agrega, onde nos explican o corpo humano. Recordade que pulsando nos números da dereita, tedes actividades para realizar.
Este estupendo vídeo explícanos os compoñentes do sangue.
Este outro vídeo explícavos todo o proceso circulatorio.
Nesta páxina poderedes saber máis sobre os capilares e a circulación. Pulsade nos diferentes apartados da parte dereita.
Practicade o que aprendestes explicando o proceso con este gráfico.
Esta páxina explica o sangue estupendamente, con bonitos gráficos.
Aquí averiguaredes canto sangue tedes no corpo segundo o voso peso e poderedes comprender mellor a circulación. Pulsade nas frechas que tedes enriba á dereita para avanzar. Tamén poderedes comprobar que as veas non son azuis, como pensamos moitas veces polos gráficos que vemos.
Veredes a cor do sangue cando leva osíxeno e cando vai cargada de dióxido de carbono.
Este é o vídeo máis longo, pero paga a pena velo pois vén explicado todo o proceso circulatorio.
Aquí, nesta páxina, tedes TODO O PROCESO explicado, integrando os dous aparellos: RESPIRATORIO e CIRCULATORIO, para comprendelo todo moito mellor.
Por último, aquí tedes un vídeo dunha disección dun corazón, na que podedes apreciar as súas partes, igual que fixemos na DOMUS o curso pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario