Polo tanto, ningún neno ou nena será discriminado por razóns de xénero, relixión, opinión, lugar de nacemento, raza, cor ou outras características.
Para reflexionar sobre a discriminación por razóns relixiosas, temos este corto, breve e directo.
Para pensar sobre o papel da muller na sociedade e a discriminación por causa de xénero, temos un libro estupendo que aquí vemos en forma de vídeo.
Este outro vídeo axudounos a opinar sobre a discriminación por unha discapacidade ou mesmo pola propia forma de ser.
Por último, axudados por este libro puidemos falar sobre o absurda que resulta a discriminación pola cor da pel e, por extensión, pola nacionalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario