lunes, 2 de abril de 2012

Marchamos a Río de Janeiro con Alba.

Despois de visitar OCEANÍA e ASIA, cambiamos de continente de novo para deternos en SUDAMÉRICA.
Grazas a ás adiviñas de Alba coñecemos algúns detalles sobre RÍO DE JANEIRO.



Álex estaba convencido de que non é a capital de Brasil, e ten toda a razón. Foino ata o ano 1960. Dende entón, a capital é Brasilia. Río ten 6 millóns de habitantes, case o doble que Madrid.

As respostas ás adiviñas que nos propuxo Alba foron as seguintes:

- A Pataca veu de América unha vez que foi descuberta polos europeos. Antes de que o cultivo da pataca se xeneralizara en Europa era frecuente o consumo de castañas.
A imaxe é un cadro de Van Gogh que representa as patacas. As pinturas nas que se representan obxectos inanimados, como a comida, chámanse BODEGÓNS.


- A Samba. Un baile típico de Brasil que se baila sobre todo no Entroido. Aquí podedes ver imaxes do SAMBÓDROMO, o lugar construido para que desfilen as escolas de baile cos seus traxes bailando Samba durante o Carnaval

- O Loro. Esta ave tan simpática que aquí é considerada unha especie exótica, atópase en liberdade en Brasil.

- A Piña: froita tropical moi rica que levaba unha famosa actriz brasileira no seu sombreiro, xunto con outras froitas. Aquí tedes unha imaxe desa actriz, Carmen Miranda e o seu 'discretísimo' sombreiro. (Premio para aqueles que me digan o que significa discreto e por qué o poño entre comiñas).


- O Azucre. Alba falounos del por unha curiosa montaña característica de Río de Janeiro. Chámase Pan de Azucre (Pão de Açúcar). Ten 396 metros de altura e chégase á súa cima en Teleférico, como o que vedes na imaxe. 

Fonte: Wikipedia
Outra imaxe moi característica de Brasil é o Cristo Redentor do Corcovado, construido en granito sobre unha montaña. É outra das atraccións turísticas de Río. Seguro que o coñecedes.
Fonte: Wikimedia
Nesa imaxe non apreciades o seu enorme tamaño, pero podedes velo mellor nesta PÁXINA.
- Cucaracha. En Brasil as fortunas están moi mal repartidas e hai unha pouca xente rica e moita xente moi pobre. Hai grandes barrios feitos de chavolas, que alá se chaman FAVELAS.  Neles hai moi malas condicións de salubridade e hai bastante inseguridade. Algunhas asociacións axudan aos nenos da favelas para que xoguen ao FÚTBOL e poidan sair da pobreza. 
Nesta imaxe vedes unha grande barriada de favelas xusto tras grandes rañaceos.

Por Alicia Nijdam
Espero que vos gustara a 'VIAXE' a Brasil.


No hay comentarios:

Publicar un comentario