Aínda non visitaramos o continente africano. Fixémolo con Rubén.
A nosa parada foi en Kalema, no país de KENIA, no continente de ÁFRICA.
A nosa parada foi en Kalema, no país de KENIA, no continente de ÁFRICA.
Kenia está no LESTE do continente AFRICANO |
A paisaxe que se amosaba no libro era unha sabana onde había un safari, con moitos animais e turistas desexando facer fotos. O lugar representado na imaxe é unha reserva natural moi importante chamada MASAI MARA. Chámase así porque a tribu MASAI habita esa zona e o río MARA crúzaa.
Leóns, rinocerontes negros, cebras, guepardos, hienas, xirafas... e especialmente os ñus, ocupan esa zona e son admiradas polos turistas desde os vehículos 4 x 4.
As adiviñas de Rubén axudáronnos a aprender cousas sobre:
- As LANZAS: que son unha arma moi lixeira e fácil de transportar. Úsanas os MASAI para cazar. Un cadro moi famoso que ten como protagonistas as lanzas é A RENDICIÓN DE BREDA ou AS LANZAS de VELÁZQUEZ.
O cadro ten un tamaño de 3'07 x 3'67 metros e está no MUSEO DO PRADO en Madrid |
- O PÓ: aínda que pareza raro, os elefantes úsano para "lavarse" e manter alonxados aos insectos. Podédelo ver neste vídeo:
- Os TRÍPODES, que suxeitan cámaras fotográficas para que os curiosos tomen fotos sen ter que achegarse aos animais.
- A MONTAÑA KENIA, un monte precioso. O segundo máis alto de ÁFRICA.
Aquí o tedes:
Aquí o tedes:
Origen: http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Pt_Thomson_Batian_Nelion_Mt_Kenya.JPG |
Recordades cal era a MONTAÑA MÁIS ALTA DE ÁFRICA?
Copyright 2000-2012, NewOpenWorld Corporation, (NOWC) |
Aquí a tedes: O KILIMANJARO, que está en TANZANIA
- Os CAMIÑOS, porque case non hai estradas asfaltadas como aquí.
- As CHISPAS. Porque os MASAI viven de forma bastante primitiva. O libro falábanos de formas de facer lume.
Pero, ATENCIÓN, PREGUNTA!!
¿de onde obtiveron os seres humanos
por primeira vez o lume?
Dunha cerilla? Dun chisqueiro?
No hay comentarios:
Publicar un comentario