miércoles, 31 de julio de 2013

REPASO DE VERÁN: matemáticas.


Ola a todos.
Que tal o estades pasando?

Como xa estades perdendo o costume de escribir, aquí vos deixo moitas actividades que vos servirán para repasar matemáticas no mes de agosto sen ter que coller nin un boli. A por elas!!


CÁLCULO MENTAL.
Sumas, restas, multiplicacións e divisións: Matemáticas con Mario.
De todo sobre numeración, incluida a división con decimais, que tanto vos gusta.
Unha longa lista de actividades, fraccións, m.c.m, etc. A facelas todas e ver cal é a vosa puntuación. 
Xa coñecedes USA EL COCO. Nesa páxina tamén hai cálculo mental.


A CALCULADORA
Non a usamos na clase, nin falta que nos fixo, pero podedes practica aquí e familiarizarvos con ela.
Múltiplos e divisores e práctica da calculadora.
Números e operaciones básicas
Múltiplos e divisores.
Porcentaxes con calculadora.
Utilizar a memoria da calculadora

E a páxina máis importate. Aquí hai DE TODO:
Todo sexto de primaria resumido nunha páxina excelente para practicar todo o que traballamos e máis. Se ides por orde hai moitísimo que facer.

Por último, aquí vai un TRIVIAL para repasar todo o que aprendemos. A ver que tal se vos dá.

Moito ánimo! A practicar para non perder o costume.

Saúdos a todos e bo verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario